Este xogador focense é un dos grandes artífices das boas temporadas do club. Cholas xogou no Trabada, na Cantina e Catedrales F.S, despois de estar unhos anos inactivo, adentrouse no proxecto do Praias de Barreiros sendo un dos piares máis importantes do equipo.
Destaca polos seus reflexos debaixo dos paos, así como tamén para aparecer nos momentos máis difíciles dos encontros.
Con esta renovación, a dirección técnica do club pecha os gardametas que defenderán para o próximo ano a escadra barreirense. Coa incorporación de David e as renovacións de Cholas e Elías.