Site icon Crónica3.com A Mariña

Cine ao aire libre na praza da Mariña: Los pingüinos de Madagascar

pinguiBurela, 25 de xullo de 2016. Nova sesión de cine ao aire libre na praza da Mariña este martes 26 de xullo segundo ven de anunciar o concelleiro de Cultura, José Díaz.

Ás 22:30 horas proxectarase a película Los pingüinos de Madagascar, destinada ao público familiar.

O edil socialista dixo que “aproveitaremos esta nova cita co cine ao aire libre para proxectar tamén as fotos que participaron no concurso da noria xigante, que tivemos hai unhas semanas aquí en Burela. E entregaremos os premios aos gañadores, aos que reuniron máis me gustas nas redes sociais. Faremos entrega do primeiro e do segundo premio”.

Díaz anima “a acudir mañá a esta dobre sesión, á proxección da película Los pingüinos de Madagascar e das fotos realizadas desde a noria xigante, da que puidemos gozar en Burela hai un mes”.

Exit mobile version