O Concello de Viveiro colabora mediante recursos humanos e materiais no acto organizado pola Asociación Salvemos da Praia de Covas, que terá lugar o 17 de xullo de 2016, pola mañá, para crear un gran cadea humana co fin de solicitar que se tomen as medidas necesarias para salvar este areal. Dende o Concello considérase que é necesaria a implicación de todas as administracións e o apoio veciñal para evitar o deterioro dun dos areais máis emblemático deste municipio e, polo tanto, anima a veciños e visitantes a achegarse ao Parque Pernas Peón o vindeiro domingo para participar neste acto.