Site icon Crónica3.com A Mariña

Comeza o III Campus de fútbol e fútbol sala base de Cangas del Narcea

O III Campus de Fútbol e Fútbol sala Base de Cangas del Narcea daba o pistoletazo de saída este luns con 60 pequenas promesas de entre 6 e 17 anos, que gozarán de moito deporte ata o sábado 30 baixo a organización da Fundación Imdecum, coa colaboración do Concello de Cangas e a SD Narcea.

Entre sesións específicas, xogos e práctica doutros deportes, ademais de excursións, o alumnado da cita asturiana recibirá aos seus primeiros invitados, o xogador do CD Burela FS Pescados Rubén, de Primeira División, Hélder Gonçalves e o preparador físico do equipo, Alfonso Mera.

Tamén pasarán polo campus o xogador natural de Cangas Edgar Colar Alves, tras a súa tempada no Moncitorul Resita de Romanía, e outras dúas das referencias laranxas do Pescados Rubén, Jorge Matamoros e Iago Míguez.

Exit mobile version