Site icon Crónica3.com A Mariña

Complétanse os cruces de cuartos no II Torneo de Tenis de Burela que xa disputa algunha final

Continúa o II Torneo de Tenis que organiza o CLUB DE TENIS-PADEL A MAROSA ata o 31 de xullo coa celebración dos partidos de cuartos.

En individuais masculino completouse o cadro de cuartos co enfrontamento Veiga-Arturo que se engade aos anteriores, Álvaro Jr.- Yáñez pola parte alta do cadro e Juan Valle-Pablo e Jose Mª – Díaz, pola parte baixa.
O enfrontamento Juan Valle -Pablo celebrábase este domingo resultando vencedor Juan Vale por 6-2 / 6-4 que se planta en semifinais e deixa fóra a un dos favoritos ao Torneo. Juan, xogador do equipo federado do Club de Tenis-Padel a Marosa que se presenta como aspirante a facer algo importante no torneo.

En dobres masculino, completouse tamén o cadro de cruces de cuartos cos seguintes enfrontamentos:
Alberto-Santi con Rubén-Valentina, Fernando-Enrique con Diaz-Arturo pola parte alta do cadro e Veiga-Pablo con Tomás-Juan e Álvaro-Álvaro Jr. con Nolo-Delio pola parte baixa.

No cadro feminino disputáronse a segunda semifinal Rosalía-Valentina co triunfo de Valentina que se pode considerar a sorpresa do torneo ao presentarse na final. A final feminina Paula-Valentina adiántase ao luns 25 ás 12.00 horas nas pistas da Marosa.

O cadro de consolación tamén está completo: Marcos- Alexandre, Nolo-Gerardo pola parte alta do cadro e Delio-Chus, Iñigo-Marful pola parte baixa. Alexandre e Chus xa venceron nos seus enfrontamentos e están en semifinais.

Luns 25 – A Marosa:
– Díaz-Jose María ás 10:00 horas
– Final feminina: Paula- Valentina ás 12:00 horas
– Álvaro Jr. – Yañez ás 18:30 horas
– Veiga-Arturo ás 20:00 horas.

Exit mobile version