Site icon Crónica3.com A Mariña

Continúa o Festival VRAO con outras 5 bandas o sábado 9 en Foz

vraoÓ! Cultural está de volta cunha nova edición de VRAO Sons Independentes. Unha vez máis e nesa ansia renovadora e de cambio, quixemos darlle un xiro ao concepto, polo que este ano adoptamos forma de ciclo de concertos.
En lugar de concentrar a acción, dispersámola como unha bomba cultural de racimo e, ao longo dos cinco sábados do vindeiro mes de xullo, pasarán por Foz un total de 25 proxectos musicais da actual escena independente galega.

Despois dos concertos de MATAR GENTE, THE LÁKAZANS, NAVE NODRIZA e
MÚSCULO! o sábado 2 de xullo no Escenario O Muelle; este sábado 9 “rente ao mar” tocarán PEÑA, MUSEL, PABLO SEIJAS, DOIS e LINDA GUILALA.

O sábado 16 de xullo, no Escenario Namarinos, será a quenda de NÉBOA, GANCHO SÁNCHES, PANTIS, THE PHANTOM DRAGSTERS e AGORAPHOBIA. O 23 de xullo, no Escenario Trás!, tocarán THOMAS DYLAN (sesión vermú), 2PAS0S, UPPERCUT, CRÓ!, DIOLA e ORQUESTA PÁNICO. E pecharán o festival no escenario Zorza Celtas ABELVISIÓN Dj Set, FRIPP & KITTE, WÖYZA, SEN
SENRA e DISCO EPISCOPAL o 30 de xullo.

Toda a info na web: http://vrao.es/

Exit mobile version