Site icon Crónica3.com A Mariña

Cristóbal Rodríguez, campión nacional de Liga en esgrima

O pentatleta internacional viveirense Cristóbal Rodríguez recibía o pasado mércores en Bangkok a noticia que lle permite engadir un cordón mais ao seu currículo deportivo ao proclamarse “CAMPIÓN NACIONAL DE LIGA” co equipo ABANCA da Coruña.

Rodríguez que foi fichado precisamente para reforzar o equipo coruñés procedía do Sala de Armas de Monjuitc e mostrábase satisfeito coa noticia pois dos dez encontros librados por equipos ABANCA vencera en oito ocasións e agora estaba á espera do que fixesen os outros equipos, pero ningún puido superarlles polo cal se converten no único equipo galego que se atopa loitando na división nacional de ouro, a máxima categoría.

O viveirense que se atopa estes días en Bangkok tras finalizar unha longa temporada que finalizaba a dúas prazas da clasificación internacional, recibía a noticia do mestre de espada Manuel Villadóniga.

Rodríguez é o único galego da historia que está en posesión da Copa do Rei de Esgrima en 2012, sendo prata no 2013 e 2014 e bronce no 2015. Suma catro medallas na Copa do Rei ás que engade agora a Liga Nacional de Ouro.

Exit mobile version