Site icon Crónica3.com A Mariña

Cristóbal Rodríguez viaxa a Bulgaria para a semifinal do Campionato de Europa de Péntatlon Moderno

Cristóbal Rodríguez Fidalgo disputa este venres 8 de xullo en Sofia (Bulgaria) a semifinal do Campionato de Europa de Péntatlon Moderno.

O obxectivo do deportista mariñán é acadar a clasificación para a final, que se celebrará o domingo.

O lucense logrou a clasificación para a final do Mundial coa segundo mellor puntuación de todos os participantes, pero na final estivo máis frouxo polo que agora o obxectivo é ter unha actuación máis regular neste torneo.

Cristóbal está bastante animado polo estado de forma das últimas semanas, nas que se atopa moito mellor. Hai un par de semanas acadou o título de campión galego de esgrima e a semana pasada o título de Campión de España de Laser Run.

A Bulgaria viaxa xunto a adestradora galega Ruth Ballesteros.

Exit mobile version