Site icon Crónica3.com A Mariña

Cursos de natación gratuítos na piscina municipal de Alfoz

O Concello de Alfoz impulsa cursos de natación dun mes de duración na piscina municipal.

Nenos e nenas

Para os máis pequenos dispúxose un horario segundo niveis que se desenvolvería os luns e os mércores. Ás 12.00 para iniciación, ás 12.45 para o nivel medio e ás 13.30 para o nivel avanzado.

Adultos
Os adultos disporán de clases dos mesmos niveis e horarios os martes e xoves.

As presentacións serán o luns 25 para os adultos nos horarios de cada grupo e o martes 26 para os nenos e nenas. A inscrición é gratuíta e pódese formalizar na propia piscina municipal.

Exit mobile version