Site icon Crónica3.com A Mariña

CxG Burela critica a falta de palabra do goberno burelés sobre “o proxecto para explotar o turismo mariñeiro” no verán deste 2016

O pasado 1 de setembro de 2015, o equipo de goberno de Burela: o Sr. Alcalde e o Sr. Tenente de Alcalde, xunto con dous representantes de entidades patronais: ACIA e Confraría, coa xa acostumada posta en escena, propoñían en rolda de prensa con “bombo, platillo e foto” o seguinte: “Concello, ACIA e a Confraría traballan nun proxecto para explotar o turismo mariñeiro o vindeiro verán” e decir en 2016″.

Para CxG está era e é unha boa noticia, de feito levabamos no noso programa a mesma iniciativa, posto que entendemos que é un potencial sen explotar que atraerá recursos e sobor de todo potenciará o mercado laboral. O problema é que estamos diante do que é un novo episodio de “GOBERNO DOS TITULARES” do Psoe en Burela, as iniciativas non pasan, no noso pobo, da prensa a realidade; quedan no mundo “virtual e slow” do Alcalde e a súa Corporación.

Xa sabemos que non vai ser culpa do Goberno de Burela, un goberno moi eficaz con un bo tempo de resposta: 7 meses para os orzamentos, 4 meses para arreglar os desperfectos do temporal, 1 ano e 2 meses para retirar unha furgoneta …

Dende CxG Burela, entendemos que sendo coherentes coa súa presentación pública o equipo de goberno ten que informar tamén á opinión pública dos pasos dados e da incidencia do turísmo mariñeiro, que recordamos prometeron para 2016, aclarando:

• Que marco legal rexe esta actividade?
• Que seguro ou sistema de seguridad propuxo o Concello como promotor?
• Cantos usuarios tivo a súa proposta?
• Que incidencia económica supuxo para a nosa vila?

Claro que poderán contestar se se fixo algo, se non poden facer unha rolda de prensa en setembro, prometendo para 2017. E o que ten a politica slow.

Exit mobile version