“O PSOE de Burela xa nos ten acostumados a gobernar a golpe de titular de prensa. O lema de este goberno é: “Fai que fas, para que pareza que fas moito” se ben é certo que esta posición o único que fai e perxudicar a Burela, que paulatinamente está a perder posición e peso na comarca”, segundo destaca Juan Carlos Piñeiro Docampo, voceiro de CxG en Burela.
Así, “dende CxG vimos denunciando periódicamente a falla de palabra do Sr. Llano e do seu grupo municipal”. Por exemplo, “o 28 de maio de 2015 o alcalde de Burela comprometíase publicamente á consecución “das marcas ISO 14.001 e EMAS” para as praias do Concello. No 2015 e no 2016 non as temos”.
A xestión destes selos é meramente documental e os preparativos son parecidos aos requiridos para á bandeira azul: xestións que realiza a Deputación a intancias do Concello. “Dende CxG entendemos que a non consecución responde á falta de xestión deste executivo onde cada concelleiro actúa por libre e o Alcalde ten pouca ou nula capacidade de cohesión”.
“Estamos ante dun novo incumprimento da palabra do Sr. Llano, actuación comprometida dúas veces e non realizada. Xulguen os veciños se lle deron a confianza para incumprir sistematicamente o prometido”, engade Piñeiro.
“A CxG non nos colle de sorpresa, cando un goberno con maioría absoluta, e absolutista, tarda 7 meses en ter orzamentos”.