Site icon Crónica3.com A Mariña

CxG Burela propón que o Concello compre e coloque cambiadores e cambia cueiros de bebe en dependencias municipais de público acceso

Burela 29-7-16. A nosa Vila caracterizase por ter un elevado numero de crianzas e ter un índice de natalidade medianmente bo. É certo que dende o ámbito local pouco se pode influir na política activa, que xere manter a natalidade. Pero tamén é certo que algunha actuación se pode facer. Dende CxG Burela gustamos de facer política en positivo con propostas que entendemos atractivas para o noso Concello, basta acudir ás hemerotecas. No marco de esta actuación política temos a ben pedir públicamente, tamén polo respectivo cauce legal, o seguinte:

• Que por parte do Concello que compren e coloquen cambiadores e cambia cueiros de bebé en dependencias municiapais de público acceso.
• Que inherentemente teñen que ser: Casa do Concello, Casa da Cultura, Plaza de Abastos, Salón de Conferencias e Casa da Xuventude.

Como somos coñecedores da pouca ou nula capacidade deste equipo de goberno, temos a ben recordarlle que pais e nais somos iguais. É decir, se nos fan caso non comentan o erro de colocar un sé cambiador no aseo de mulleres. E decimos esto porque a única actuación que coñecemos da Delegación de Igualdade é un “Y TÚ MÁS” co PP de Burela.

Algo de euros quedará para esto despois de tanta festa.

CxG Burela.

Exit mobile version