Site icon Crónica3.com A Mariña

Esprit inaugura tenda en viveiro, a segunda que abre as súas portas na Mariña, trala de Ribadeo

unnamedViveiro, 28-7-16. Esprit inaugura tenda en Viveiro. O local duns 140 metros cadrados de superficie está situado no nº 8 da praza de Lugo. A festa de inauguración, que dará comezo ás 19:00 horas, contará coa actuación do músico Joni Ramos. Tamén servirase un cóctel.

Segundo os responsables desta firma alamana “A roupa que atopades na nosa tenda é moi funcional, dirixida a todo tipo de cliente. Contamos cunha ampla tallaxe tanto para home como para muller. E caracterizámonos pola rotación do produto, presentando unha colección cada mes”.

Esprit abrirá en Viveiro de luns a sábado de 10 a 14 horas polas mañás e de 17 a 21 horas polas tardes.
Esprit conta con dúas tendas na Mariña lucense: a nova de Viveiro e a de Ribadeo, que abriu as súas portas en abril del pasado ano.

Exit mobile version