A actuación estivo composta por 13 números onde os patinadoras actuaron de forma individual, por parellas ou en grupo; pero tamén puxeron en escea o número que lles deu o subcampionato provincial co tema “Fala agora ou cala para sempre” o pasado mes de maio en Xove.
Un grupo de patinadoras de Mondoñedo acompañou tamén na posta en escena con dúas actuacións.
Ao final da actuación rendeuselles un pequeno acto de homenaxe ás patinadoras coa presenza da alcaldesa de Lourenzá Rocío López, o concelleiro de Deportes, Francisco Dasilva e o Presidente das Escolas, Pablo Maseda.