Site icon Crónica3.com A Mariña

Festa de fin de curso na Escola Infantil de Xove

fin1Tódolos nenos e nenas da Escola Infantil de Xove disfrutaban este venres dunha festa coincidindo co fin de curso oficial á que asistiron todos eles mailos seus pais. A festa foi temática, dedicada aos piratas, estando amenizada polo grupo O RINCÓN DO TRASGO de Burela. Un desfile de piratas, actividades de globoflexia, música en vivo, etc., foron algunhas das actividades das que puideron disfrutar. Os máis maiores, como despedida da Escola, xa que para o ano incorporaranse na súa maioría ao Colexio Pedro Caselles, recibiron un diploma do alcalde Demetrio Salgueiro.

Exit mobile version