Site icon Crónica3.com A Mariña

Foz celebra as XXI Xornadas de Historia Local

Foto Xornadas.Foz.28-7-16.A Asociación Socio-Cultural “A Pomba do Arco” dará comezo o vindeiro Luns 1 de Agosto a XXI edición das Xornadas de Historia Local que esta asociación ven celebrando de xeito ininterrompido nas primeiras semanas do mes de Agosto.

As Xornadas de Historia Local téñense convertido xa a esta altura en toda unha referencia da proposta cultural do Concello de Foz polo seu contribúo a pór en valor o pasado de Foz, pero entendendo este como diálogo co presente. Referencia para os focegos pola súa achega á recuperación a historia de Foz, pero non entendida como un todo, ou unha sorte de reino para erudición senón pola contra como unha parte da historia xeral de Galiza. É referencia para a os veciños pola súa pretensión de divulgar o noso pasado, con todas as súas contradicións, na perspectiva de elevar a auto estima de todos cantos vivimos en Foz.

As Xornadas de Historia Local, teñen negado outra volta máis o exabrupto daquel clásico do século XIX, porque todos os pobos teñen historia é o que precisaba Foz, non era nin máis nin menos que esta se fixera visible, se recollese por escrito e se divulgase. A Pomba do Arco está certo que contribúe a isto e nese camiño dirixe o programa da presente edición das Xornadas, percorrendo diversos períodos da nosa historia, achegándose a temáticas diferentes, abrindo novas vías para a investigación e introducindo novos relatores con outros xa habituais desta cita.

As conferencias inícianse o Luns 1 de Agosto ás 20:30 na Casa da Cultura “Poeta Manuel María” de Foz cunha palestra a cargo de José Manuel Romero Moreno co titulo “ O Condado de Fontao” onde se percorrerá a historia do mesmo desde o século XV até o século XXI. Romero Moreno, doutor en dereito, catedrático de filosofía do dereito e avogado, actualmente é Conde de Fontao e Marqués de San Sadurdiño.

O Martes 2 de Agosto ás 20:30 na Casa da Cultura “Poeta Manuel María” de Foz contaremos co presenza de Carlos Nuevo Cal,Cronista Oficial de Viveiro, historiador é autor dunha abondosa produción bibliográfica sobre o período contemporáneo na Mariña. A súa charla titulada “As irmandades da fala na Mariña”, será un percorrido pola historia desta entidade da que celebramos o centenario na Comarca así como da importante relación de Antón Vilar Ponte e Noriega Varela con Foz onde editaron o xornal “Automobil” e o “Guau Guau”.

O Mércores 3 de agosto, tamén no Salón de Actos da Casa da Cultura “Poeta Manuel María de Foz e no mesmo horario, as 20:30 a conferencia leva por título “Crónicas da emigración focega” é supoñerá un percorrido pola historia da emigración focega, deténdose na obra social e cultura desenvolta por estes así como nalgúns dos fitos dos nosos emigrantes. O autor do relatorio será Martín Fernández Vizoso, xornalista, crítico literario é autor de números traballos sobra a historia da emigración mariñá e focega.

O Xoves 4 de Agosto, a conferencia correrá a cargo de Eliseo Fernández Fernández, historiador e documentalista, importante especialista na investigación do movemento obreiro, a represión e a guerrilla en Galiza, cuxas traballos fican recollidos en diversas publicación individuais ou colectivas. Eliseo Fernández achegaranos a s actividades da guerrilla antifranquista nas terras de Foz así como dos focegos que tiveron unha participación activa na loita guerrilleira.
As Xornadas fecharanse o Venres 5 de Agosto cunha palestra ás 20:30 no Salón de Actos da Casa da Cultura baixo o titulo “Os normandos no norte galego” coa que se pretende achegar información sobre a presenza dos pobos do norte nas nosas terras. O autor do relatorio é Xoán Ramón Fernandez Pacios, historiador, directivo da Pomba do Arco é autor dunha documentada biografía sobre San Gonzalo que significa unha das máis importantes achegas aos estudos dos normandos en Galiza.

Exit mobile version