Site icon Crónica3.com A Mariña

FPF demanda melloras nas condicións de seguridade do cruce de Vilaronte coa N-642

Nos últimos tempos puxéronse en contacto cos membros de FPF diferentes veciños do barrio da Espiñeira en Vilaronte, o motivo, o cruce que da acceso a este barrio dende a N-642 e máis fai de enlace coa antiga estrada dirección Barreiros cara a casa de Turismo Rural “A Goleta”. Nos últimos tempos puideron comprobar como hai vehículos que veñen dirección Barreiros –Foz pola antiga estrada e se incorporan á N-642 cando hai sinais que impiden facer esta manobra, así mesmo tamén hai vehículos que van dirección Barreiros e se meten cara a antiga estrada sen facer STOP como se debería facer, facendo un ceda o paso cando iso sería para os que se van dirección barrio da espiñeira, o que ocasiona un perigo para os vehículos que veñen dirección á Espiñeira pola antiga estrada xa que se incorporan polo seu carril.

Por todo isto, o Grupo Municipal de “Foz, Plataforma de Futuro” propón á Corporación Municipal acordar “instar ó Ministerio de Fomento a que mellore as condicións de seguridade deste cruce que fai de enlace entre a N-642-antiga estrada nacional,e a estrada que vai dirección ó barrio da Espiñeira, pintando no chan en cada carril a sinalización correspondente,delimitando ambos carrís tanto na estrada nova como a antiga, así como mellorar a sinalización vertical, ou tomando as medidas que se consideren mais axeitadas”. E tamén “instar ó Ministerio de Fomento ou Deputación Provincial de Lugo según corresponda a que faga as xestións oportunas para cortar as árbores que hai xusto no cruce dirección ó barrio da Espiñeira”.

Exit mobile version