Site icon Crónica3.com A Mariña

FPF denuncia a externalización de servizos básicos de limpeza a mans privadas no Concello de Foz

Dende “Foz, Plataforma de Futuro” queremos denunciar públicamente a externalización dos servizos públicos, sobre todo aqueles que afectan á limpeza dos nosos, parques, camiños, xardíns, praias,…que presta o Concello de Foz a mans de empresas privadas ou mellor dito sobre todo de unha empresa privada que todos e todas ben coñecemos por ser a empresa de cabeceira do actual equipo de goberno. Vémonos na obriga de poñelo en coñecemento de toda a cidadanía polas numerosas queixas que estamos a recibir por parte de sectores afectados e de veciños e veciñas que ven como cada día os tentáculos do caciquismo ó máis puro século XIX se fan donos do noso pobo de Foz. Todo isto aderezado co beneplácito e aquiescencia dun dos partidos que forman parte da oposición, que permite que se aproben facturas con reparo do interventor municipal, facturas con visos de ilegalidade e que casualmente benefician sempre á mesma empresa.
Debemos revelarnos e alzar a voz, e impedir que o noso Concello se convirta no “cortijo” ou mellor dito na cuadra duns poucos, que todo o manipulan e o enfangan para permitir o beneficio sempre dos mesmos.

Veciños e veciñas de Foz, non permitamos que se privaticen os servizos públicos que presta o noso Concello. Se non son suficientes os empregados e empregadas públicas deberían contratarse máis, aínda que sexa de forma temporal, este equipo de goberno pode facelo, sacar prazas na época estival e reforzar plantillas, e organizar este desorden, cousa que tamén deberían facer. As veces non se trata de máis personal senón de organizalo e planificalo mellor, pero si é necesario débese contratar e non entregar os fondos que pagamos todos e todas coa nosa contribución a mans privadas con intereses escuros que gobernan na sombra.

Exit mobile version