Site icon Crónica3.com A Mariña

FPF insta ao Concello a solucionar os problemas de mala colocación da sinalización vertical en Nois

Os representantes dos veciños de Nois trasladaron a “Foz, Plataforma de Futuro” a queixa de que en dita parroquia a sinalización vertical atópase nun estado lamentable nalgúns casos, e noutros dita sinalización non está correcta. Transmitíronnos que por exemplo na N-642 vindo dende Burela cara a Foz a sinal de finalización da parroquia atópase á altura da entrada da ponte do apeadeiro e por todos é coñecido que esa non é a realidade da extensión da parroquia, e así algún caso máis de sinais mal colocados.

Por todo o anteriormente exposto, FPF propón á Corporación Municipal “instar ó Concello de Foz, a que faga as xestións necesarias coas distintas administracións públicas, así como tamén onde corresponda o propio Concello, solucionen os problemas de mala colocación da sinalización vertical, ou sinalización en mal estado que hai na parroquia de Nois”.

Exit mobile version