Como ven sendo habitual antes de rematar o pleno, FOZ PLATAFORMA DE FUTURO formulaba o pasado mes de xuño tres rogos e tres preguntas o sr. Alcalde e o seu equipo de goberno.
Os rogos foron os seguintes:
1. Limpeza das cunetas das estradas e camiños municipais que están invadidas pola maleza,esta e una queixa xeral e común de toda a veciñanza, cansa de esperar varias semanas e sufrindo dia a dia a falta de visibilidade a peóns e vehículos.
2. Revisar as duchas e lavapés dos nosos areais posto que existe algunha que perde auga ou falta dela dende fai tempo.
3. Pintar a entrada do aparcadoiro de avenida de Sarria cunha raia amarela para prohibir o estacionamento en dita entrada e ademais tapar un furado existente neste aparcadoiro de grandes dimensións que pode danar vehículos ou persoas.
Preguntas mes de xuño.
1. Ten pensado facer este verán una limpeza integral mais profunda polas rúas do noso casco urbano?
Resposta: Si, procederase en breve.
2. Preguntan os veciños de Vilaronte porque se lles quitou o colector do aceite usado que había ante o teleclub?
Resposta: Non temos constancia. De tódolos xeitos iso lévao unha empresa privada e supoñemos que o reporá.
FPF: Poñeranse ao día ao respecto?
Resposta: Si.
3. Os veciños do barrio do Apeadero de Nois queren saber que pasa co taboleiro de anuncios que solicitamos en novembro e se nos deu resposta por escrito en marzo que estaba en proceso?
Resposta: Está listo e máis o da farmacia. Falta persoal para ir colocalo.
Así, FOZ PLATAFORMA DE FUTURO seguirá sendo a voz dos nosos veciños no noso concello trasladando todas aquelas inquedanzas ou suxestións que poidan xurdir.