A Asociación de Artes Marciales da Mariña, á cal pertencen ambos deportistas, destaca a xuventude e a ilusión coa que parten ambos deportistas cara a cita do calendario deportivo nacional, ambos enfrentaranse a outros deportistas de máis idade e experiencia dentro do tatami, así coma a comunidades autónomas con moita máis tradición e número de licencias neste arte marcial. Cabe destacar que os dous xoves mariñanos representan o presente e o futuro desta disciplina tanto na comarca da Mariña coma en Galicia.
Polo tanto, dende a Asociación de Artes Marciales da Mariña manifestan “o orgullo que nos produce, amosarlles todo o noso apoio e destacar que a experiencia dun campionato de España representando a súa comunidade autónoma é unha oportunidade e unha vivencia única que ambos deben disfrutar e da que extraer unha lectura positiva”.