Recibiron distincións de Adeac neste 2016 o barco museo Reina del Carmen, a aula medio ambiental Gaia e o sendeiro azul do paseo marítimo ata A Marosa. Llano contou que “o izado da bandeira no barco museo será dentro duns días”.
O rexedor subliñou que “hoxe da comezo a campaña de verán nos areais de Burela, que se atopan en condicións óptimas para seren disfrutados por veciños e visitantes. Sete socorristas comezaron xa a traballar nesta xornada, e un máis incorporarase dentro duns días. A vixilancia nos nosos areais está perfectamente cuberta e as praias estarán atendidas acorde coa distinción da que foron merecedoras”.
Alfredo Llano agarda que a de 2016 “sexa unha campaña tranquila”.