Site icon Crónica3.com A Mariña

Juchi, o seguinte en subirse ao tren do Praias de Barreiros

Borja Otero Villarino (Juchi) estará un ano máis aos servizos do club barreirense.

O ala-peche burelés que cumprirá a súa segunda tempada no conxunto verde é un deses xogadores que é capaz de deixar ca boca aberta a toda unha grada cos seus goles. Será un dos xogadores máis experimentados do plantel e volverá a poñerse ás ordes de Andrés López, gran coñecedor deste xogador.

Con esta última renovación o conxunto barreirense está a crear un equipo que mezcla xuventude e veteranía, que sexa capaz de competir en tódolos partidos da tempada para así poder estar nos postos altos da clasificación.

Exit mobile version