Site icon Crónica3.com A Mariña

Mario Novo renova co Praias de Barreiros

mario-barreirosO habilidoso ala zurdo do Valadouro, Mario Novo, continuará no club barreirense.

Alzándose como un dos xogadores máis importantes da tempada pasada aportando calidade e goles, ten demostrado con creces toda a súa experiencia na pista barreirense. Tras ter madurad moito converteuse nun xogador importante, tanto ofensiva como defensivamente. Foi un dos xogadores que máis minutos acaparou na temporada pasada.

É por todo isto, ademais do seu compromiso absoluto, polo que a directiva do Praias de Barreiros vía indispensable a súa renovación. Así, séntense enormemente orgullosos de que continúe a tempada que vén.

Con esta oitava renovación o club barreirense cerra máis da metade do plantel, a falta dalgunha renovación e incorporacións nas que se está a traballar.

Exit mobile version