O sábado 23 de xullo Nordés (coa colaboración do Colectivo Pensamento e Sementeira) contará coa empresa Mar de Ardora para falarnos sobre un mundo descoñecido aínda para moitos, as algas, dende as 11.00 horas no “Restaurante de Areagrande” (San Román).
Logo, está prevista unha camiñata polo areal ata achegarnos á zona onde proliferan as algas e poderemos ver, tocar e poñer en práctica o dito durante a charla.
Máis tarde realizarase a degustación dun menú con algas no Chiringuito “Abrela” por 20€/persoa: pizza de cogumelos con algas, risotto de azafrán e gambas con alga nori e salpicón de merluza con vinagreta de espaguete de mar, máis o postre, as bebidas e o café.
Nordés tamén pensou naquela xente que non se pode achegar pola mañá á actividade ou á degustación e propón unha ruta de pinchos con algas, de balde, dende as 20.00 horas no “Chiringuito Abrela” (praia da Abrela), o “Café-bar Alba” (O Folgueiro), o “Restaurante Casa Fanego” (San Román) e o “Restaurante Areagrande” (San Román).
Aínda quedan 25 prazas para a comida. As persoas interesadas poden inscribirse antes do 20 de xullo a través do 653 756 454 ou do enderezo asociacion.nordes@gmail.com.