Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG mindoniense teme que a oficina da Unidade de Recadación Executiva da Tesourería Xeral da SS.SS. marcha de Mondoñedo

Ante os rumores da posible marcha da oficina Unidade de Recadación Executiva (URE), que a Tesourería Xeral da Seguridade Social ten en Mondoñedo, o Grupo Municipal do BNG manifesta o seu rexeitamento a este novo axuste e oponse a unha posible perda deste servizo na localidade.

Para o BNG local centralizar este servizo na cidade de Lugo sería unha mostra máis do afastamento de servizos públicos que o gobernos do Partido Popular, tanto na Xunta como no Estado, veñen acometendo nos últimos anos na Comarca da Mariña.

Eloi Cabanas, voceiro do BNG, opina que afastar este servizo de xestión de afiliación cotización, recadación e pagos da Tesourería Xeral da Seguridade Social a Lugo, “no canto de abaratar o servizo, o que xerará é un maior custo económico e de tempo”.

O portavoz municipal aclara que na actualidade a oficina da URE que a Tesourería Xeral da Seguridade Social ten en Mondoñedo, ademais da Comarca da Mariña, xestiona os recursos da Seguridade Social de outros ámbitos territoriais da provincia como Vilalba, Xermade ou Pastoriza.

O BNG denuncia que Mondoñedo non se pode permitir a perda deste servizo xa que ademais dos postos de traballo creados tamén se xera actividade económica na cidade.

Os nacionalistas apuntan que o goberno anterior tiña negociacións avanzadas coa Tesourería da Seguridade Social de Lugo e de Madrid para a cesión dun local onde puideran desenrolar a súa actividade e que o goberno actual non concretou.

Ante estes posibles acontecementos o BNG de Mondoñedo pregúntalle ao goberno de Elena Candia se ten información da posible marcha da oficina da URE que a TXSS ten en Mondoñedo e que xestións está a facer para solucionar este problema.

O BNG pídelle tamén a alcaldesa de Mondoñedo que “non se quede e brazos cruzados” e faga valer o seu peso político dentro do seu partido para esixir a continuidade da URE na nosa localidade.

Exit mobile version