Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG non ve melloras no servizo de socorrismo de Burela

Burela, 11 de Xullo de 2016. Este vai ser un verán máis no litoral burelao, posto que perante ó previsible recorte feito polo PP no goberno da Xunta cunha insuficiente subvención concedida para o servizo de socorrismo, o goberno local non acometeu mellora algunha no mesmo.

Para os nacionalistas, o goberno socialista desestima as demandas presentadas polos seus representantes no concello de Burela no pleno de Xaneiro, cando xa prevían o que ía pasar. “Nos solicitamos ó equipo de goberno que comezaran a facer todo o posible para que o servizo funcionase correctamente, que aproveitaran o tempo mentres non chegaba a subvención e que tivesen todo listo para cando comeza a tempada de Verán”.

Se ven é certo que é inxusto que se lle concedan a Burela oito socorristas, presentáronse so cinco persoas ó proceso de contratación, incorporándose dous mais con atraso por diversos motivos xustificados. O mais preocupante é que se tardou máis dunha semana en cubrir a oitava praza, presentando o servizo unha evidente merma en calidade. Segundo Pillado, “era evidente que a Xunta non ía chegar ós dez socorristas, pero é que o concello en dez meses non tivo capacidade para xestionar unha alternativa. Asemade, o horario é moi restrinxido, ás 19:00 remata e quedan as praias case cheas sen servizo”.

Os nacionalistas non ven tantos problemas noutros concellos para este servizo
Non precisaron os nacionalistas estar presentes no izado das bandeiras azuis para comprobar como as súas demandas non foron atendidas, posto que as conversas mantidas cos propios profesionais xa lles clarearon todo o panorama.
O mesmo material ou parte del, un ano mais vello, dentro das mesmas casetas e as instalacións da Marosa que non reunían as condicións de hixiene cando deu comezo o servizo. Outras deficiencias perduran durante o verán, como o defectuoso estado do acceso á praia do Portelo, motivo de queixas de moitos veciños e que leva tempo sen ser arranxado. “Todos sabemos onde están as praias en Burela, cando comeza o Verán e cando os usuarios comezan a ir á praia. Non pode ser tan dificil ter a punto instalacións e material tendo catro meses para facelo” salientou o voceiro do BNG.

Noutros concellos veciños, a subvención concedida foi similar á do caso de Burela, pero vanse cubrindo prazas ata garantir o servizo e compleméntanse ós socorristas con persoal sanitario ou similar. Ademáis o servizo comezou moito antes, cando realmente comezan encherse de xente as praias, nestes concellos. “En Ribadeo tamén lles concederon só oito socorristas, para vintetrés que precisan, e aínda así foron quen de completar todas elas e contratar persoal sanitario a maiores. É unha cuestión de iniciativa e de valorar o servizo dentro dunha oferta estival, medioambiental e turística” contrastou Mario Pillado.

O comité de praias que non se convocou no ano 2015 e que se comprometeu a convocar o goberno local para este 2016 non tivo lugar, coma todas promesas feitas polo equipo de goberno en Xaneiro. “Non fixeron nin caso do que lles dixemos, nin para o comité de praias, nin para o material e as instalacións nin para a contratación de socorristas, para nada” rematou Pillado.

Exit mobile version