Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG pedirán o Pleno da Deputación que se aplique o convenio que lles corresponde ás persoas que traballan no Consorcio Galego de Igualdade e Benestar

Lugo, 22 de xullo de 2016. O voceiro do BNG na Deputación de Lugo, Xosé Ferreiro, informou que a formación que representa levará o vindeiro pleno da corporación provincial unha moción para instar ao goberno da Xunta de Galicia e ao Consorcio Galego de Igualdade e Benestar a aplicar de xeito inmediato o V Convenio do Persoal Laboral da Xunta ao persoal desta entidade pública así como ao mantemento da calidade nos servizos que presta.

Para o BNG “non é admisíbel que a día de hoxe a Administración Autonómica siga a ter persoal que se rexe exclusivamente polo Estatuto da Función Pública e polo Estatuto dos Traballadores”. “Os salarios, permisos, licenzas ou mesmamente a antigüidade son algunhas das discriminacións que está a sufrir este persoal e que teñen que cesar inmediatamente” sainalou o voceiro do BNG na Deputación de Lugo.

Ferreiro lembrou que o Consorcio Galego de Igualdade e Benestar botouse a andar no ano 2007 e ten na actualidade arredor de 2.000 traballadoras e traballadores, sendo preto de 200 os que realizan o seu traballo na provincia de Lugo. “Todo este persoal foi seleccionado nas súas correspondentes probas selectivas ou ben entrou a traballar de forma eventual polo sistema de listas legalmente establecido” explicou Ferreiro.

O Consorcio está constituído pola Xunta de Galicia e 272 concellos e é un ente que ten como obxectivo o desenvolvemento dunha serie de servicios sociais, estando composto por centros diversos que á súa vez realizan múltiples e variadas funcións, sempre no ámbito dos servizos sociais. Deste consorcion dependen, por exemplo, as Escolas Infantís, os Centros de Dia, as Oficinas de Inclusión, as Vivendas Comunitarias, os Centros Quérote, e os Fogares residenciais, aínda que este servizo non se presta na provincia de Lugo.

Centro Santo Anxo de Rábade
No pleno da corporación da Deputación tamén se tratará unha iniciativa na que se lle reclama á Xunta de Galiza que se garanta o funcionamento público do centro Santo Anxo de Rábade, levándose a cabo cunha xestión totalmente pública, ademais de dotar ao centro dos recursos materiais e de persoal que se requiran para aadaptación á nova lexislación das instalacións.

Exit mobile version