Site icon Crónica3.com A Mariña

O Castelo de Castro de Ouro acolle unha exposición de Martínez Coello sobre Manuel María

A exposición de pintura de Martínez Coello “48 momentos” dedicada a Manuel María era inaugurada este sábado 2 de xullo no Castelo de Castro de Ouro.

O acto de presentación da exposición contou co propio pintor ourensán Miguel Ángel Martínez Coello, que foi presentado polo responsable da Área de Cultura e Turismo de Alfoz, Xabier Pardiñas. Xunto a eles participaron a pintora afeccionada local Pilar Casabella, o artista alfocense Hipólito Xeada, habitual expositor nas salas do Catelo de Castro de Ouro, e Xosé Blanco López, deseñador da fábrica de ceramica de Sargadelos dende o ano 1979 e veciño da parroquia alfocense de Adelán. Estes tres artistas locais compartirán a sala de exposicións da primeira planta do castelo con Martínez Coello, nunha exposición que permanecerá ata o vindeiro 13 de agosto.

Maratón de Pintura ao aire libre
Xabier Pardiñas anunciou que precisamente nesa data de clausura da exposición, o 13 de agosto, levarase a cabo a primeira edición dun Maratón de Pintura ao aire libre, na que participarán como xurado os catros expositores.

“Conversas con Manuel María”
Xunto coa inauguración da exposición, presentouse o libro “Conversas con Manuel María” de X. M. de Caño, patrocinado polo Concello de Alfoz, edición na que precisamente aparecen ilustrados os gravados expostos por Matinez Coello. No remate do acto, Alberto Geada, amosoulle aos asistentes unha peza da súa colección de calzado tradicional de madeira, explicando a súa relación coa obra de Manuel María.

Exit mobile version