Site icon Crónica3.com A Mariña

O Centro de Formación Ocupacional de Burela acollerá o curso ‘Atención domiciliaria á terceira idade’

Burela, 4 de xullo de 2016. A Fundación Humanismo e Democracia, H + D, coa colaboración do Concello de Burela e co financiamento do Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad, pon en marcha un curso de formación denominado Atención domiciliaria á terceira idade, que terá lugar do 11 ao 22 de xullo no Centro de Formación Ocupación, sito na Avenida Arcadio Pardiñas, 137. O curso ten unha duración de 30 horas e terá lugar de 10.00 a 13.00 horas.

Desde a organización sinalan que “mediante este curso de formación dirixido a persoas que se atopan en situación de desemprego e impartido por un profesional está encamiñado a proporcionar coñecementos básicos, ferramentas e habilidades para afrontar as dificultades diarias das persoas coidadoras. O obxectivo pasa por mellorar a empregabilidade e por apoiar a incorporación ao mercado laboral das persoas en servizos de axuda a domicilio”.

As persoas interesadas en participar neste curso poden dirixirse ao Concello de Burela ou á Fundación Humanismo e Democracia ao teléfono 881 03 13 19. As prazas son limitadas.

Os organizadores advirten que “para recibir o diploma acreditativa é preciso asistir a todas as clases, xa que é obrigatorio asinar a asistencia en todas as sesións do curso”.

Exit mobile version