Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Barreiros organiza unha excursión para nen@s á zona de marisqueo de Foz e ás redeiras de Burela

Barreiros, 14 de xullo de 2016. O Concello organiza, en colaboración coa Xunta de Galicia, una actividade dirixida a @s nen@s para que coñezan a zona de marisqueo de Foz e as redeiras de Burela. Será o mércores, 20 de xullo, e as inscricións poden facerse ata o día 18.

Esta actividade lévase a cabo baixo o lema ‘O sabor da aventura está no mar’ e vai dirixido a nen@s de entre 3 e 12 anos.

Terá lugar o 20 de xullo con saída ás 10:00 horas e regreso ás 13:30 horas. Os participantes farán unha excursión á zona de marisqueo de Foz e ás redeiras de Burela. As prazas son limitadas e a inscrición ten que facerse na Oficina de Turismo do Concello de Barreiros ata o vindeiro luns.

Exit mobile version