Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Barreiros realiza melloras en diversas estradas municipais

Barreiros, 22 de xullo de 2016. O Concello realiza estes días melloras en diversas estradas de Barreiros, segundo deu a coñecer este venres o alcalde, Alfonso Fuente Parga.

O rexedor dixo que “estes días iniciáronse obras de mellora en varios vieiros do noso municipio. Acábase de aglomerar un tramo na parroquia de Cabarcos, na estrada que vai desde a vía da Xunta ata a igrexa. Hoxe mesmo están aglomerando e ensanchando a que vai por detrás do pavillón de deportes, na parroquia de San Cosme. E tamén continuarán as obras no Camiño Real en San Miguel”.

Segundo Alfonso Fuente “son camiños bastante transitados, estaban con riego e agora o que se lles fai é meter asfalto para que sexa mellor a circulación e sempre tentando arranxar esas estradas que consideramos que son máis transitadas principalmente. Optamos por facer este riego asfáltico porque así aguantará moito máis tempo a estrada en bo estado”.

O alcalde barreirense agarda que no prazo dunha semana estes traballos estean rematados.

Exit mobile version