Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Mondoñedo programa no mes de agosto dous cursos de prevención de riscos laborais como operario de maquinaria

Mondoñedo 28 de xullo de 2016.- O Concello de Mondoñedo programa para este mes de agosto dous cursos de prevención de riscos laborais de operario de maquinaria. Así o avanzou a alcaldesa, Elena Candia, quen precisou que, en concreto, “se impartirá un curso de operario de plataforma elevadora e outro de operario de pala mixta”.

As actividades formativas, que contan con dez prazas cada unha, serán impartidas pola empresa PrevenSystem nas instalacións do Concello de Mondoñedo. Terán un custe de 50 euros por persoa e unha duración de 6 horas: 3 horas a parte teórica e 3 horas a parte práctica para aplicar os coñecementos adquiridos.

Ao rematar as accións de formación entregarse un certificado de Prevención de Riscos Laborais específico de ‘operadores de aparatos elevadores’ para o curso de operario de plataforma elevadora e un certificado de Prevención de Riscos Laborais específico de ‘operadores de vehículos e maquinaria de movemento de terras’ para o curso de operario de pala mixta.

A rexedora avanzou que os interesados e interesadas en participar nestas actividades de formación poderán facelo inscribíndose no propio Concello de Mondoñedo. Ademais, tamén poderán anotarse chamando ao número de teléfono do Consistorio (982.52.40.03), preguntando por Ángeles, ou ao teléfono 639.61.07.88 e preguntar por David.

Candia salientou a “gran importancia” deste tipo de accións formativas dirixidas tanto a desempregados como a persoas activas laboralmente “que habilitan aos usuarios para a expedición do carné profesional, fundamental hoxe en día para atopar emprego”.

Exit mobile version