O concelleiro nacionalista dixo que “agora nos meses de xullo e agosto faremos 400 lavados no casco urbano, en parroquias como Rinlo ou A Devesa e noutras zonas que tamén o precisen, nas que se produzan máis cheiros ou que estean un pouco máis afectadas, é dicir sobre todo onde máis se usan eses colectores”.
Díaz Freije pide desculpas polas molestias que se poidan ocasionar estes días: “o lavado de contedores vaise facer a primeira hora da mañá e desde o Concello pedimos desculpas polas molestias que se poidan causar ás veciñas e aos veciños de Ribadeo”.
Limpergal é a empresa luguesa que se encarga do lavado dos colectores verdes en Ribadeo.
O edil de Limpeza Viaria e Xestión de Residuos lémbralles aos veciños e veciñas que “agora no verán non saquen o lixo das súas casas ata á noitiña, para evitar fortes cheiros na rúa durante todo o día. Está a facer moito calor e o lixo que deixamos polas mañás nos colectores está fermentando toda a xornada e ocasionando cheiros moi fortes e innecesarios”.