O acto servía para explicar, tanto aos participantes coma ás súas familias, o funcionamento das distintas actividades que se van a realizar ao largo dos meses de xullo e agosto.
Grazas á boa acollida destes programas o Concello leva xa varios anos axudando ás familias á conciliación da vida familiar e laboral, tanto na época escolar (con madrugadores, OES, e actividades extraescolares) como nas vacacións do colexio (Ludiverán e Ludinadal con actividades como cociña, manualidades, deportes, cine…).