Site icon Crónica3.com A Mariña

O edil popular Tino García advirte da necesidade de manter limpas e accesibles certas zonas do municipio de Viveiro

Celestino García Paz, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Alcaldesa da Corporación os seguintes ROGOS para o próximo Pleno , ó obxecto de que se subsanen as deficiencias sinaladas coa maior prontitude posible:

1º) O pasado domingo 3 de xullo, á primeira hora da mañá veciños, comerciantes e turistas quedabámonos perplexos ante a situación que presentaban algunhas rúas e principalmente a Praza Maior, con cantidade de papeis, plásticos, cartóns etc, supoñemos como consecuencia do final do Mercado Renacentista. Como consideramos que non é unha situación normal que o noso Casco Historico teña esa cantidade de suciedade, e polo que lle ROGAMOS ó goberno local que lle esixa á empresa concesionaria de limpieza que despois de eventos deste tipo que inicie o máis cedo posible e dotando dos efectivos necesarios para acometer con plenas garantías as actuacións de limpieza, para evitar no sucesivo imaxes tan pouco gratificantes como as que puidemos contemplar na data referida e que dañan ostensiblemente a consideración de Concello turístico da nosa cidade.

2º) Algúns veciños do barrio da Iglesia en Covas manifestáronnos en varias ocasións, as malas condicións nas que se atopan os accesos a Iglesia parroquial, tanto desde a estrada LU-862 como desde o Río de Loiba ata o barrio da Cruz, sendo ditos accesos moi utilizados por personas de idade. Por este motivo lle ROGAMOS ó equipo de goberno que se teñan en conta estas reparacións en futuras obras a realizar.

3º) Dende a rúa Rego das Flores desde a vivienda nº 26 ata a súa finalización no grupo de vivendas Jesús Rodríguez Álvarez en Pénjamo, existe abundante maleza a ambos lados da rúa, o que da mal aspecto e provoca riscos tanto para os viandantes como para os vehículos que por ela transitan. Así mesmo, o Camiño da Furadiña, moi preto desta rúa antes sinalada, tamén presenta un aspecto lamentable pola abundante presencia de maleza. Por estes motivos lle ROGAMOS ó equipo de goberno que realice inmediatamente os traballos necesarios para adecentar e limpiar estas zonas.

4º) A estrada de sentido único , desde Augadoce ( Area ) ata a Casanova en Celeiro, coñecida como pista de Alboi, presenta abundante maleza a ambos lados o que ademáis de presentar un estado lamentable que provoca unha situación de perigosidade co aumento do trafico rodado e de peatóns nesta época do ano. Por este motivo lle ROGAMOS á delegación de Medio Ambiente do Concello que adopte as medidas necesarias para a súa limpieza e adecentamento, ó obxecto de evitar riscos innecesarios nesta vía de circulación.

Exit mobile version