Campos Conde salientou que esta edición, a de maior éxito de participación, “acolleu máis de 80.000 persoas, superándose todas as expectativas. O índice de ocupación hoteleira na Comarca da Mariña acadou o 100%, non só no Concello de Viveiro, senón en todos os concellos limítrofes”. Vendéronse todas as entradas, e visitaron a provincia persoas de 36 países como Xapón, Indonesia ou México.
O Resurrection Fest xa é o festival de música máis grande de toda Galicia; o festival de música hardrock e metal máis importante de España, así como un dos referencia no ámbito internacional. Durante a celebración desta edición o Resu foi trending topic nas redes sociais. Hai que ter en conta que a Deputación de Lugo e Concello de Viveiro son as administracións que máis invisten para promover e promocionar este Festival.
Campos Conde adicoulle unhas verbas tamén ao ex–Alcalde Melchor Roel, “pois foi él quen apostou por este festival. Hoxe estaría orgulloso de ver o seu no que se converteu o Resurrection”.
María Loureiro remarcou que “este Festival xa forma parte da nosa historia” e agradeceu a todos os organismos implicados: policía, garda civil, protección civil, policía portuaria, servicios médicos e a cidadanía en xeral, a súa colaboración. “Os veciños de Viveiro tamén son unha peza importante para éxito deste festival”, resumiu.
Os organizadores do Festival agradeceron a todos os organismos e administracións públicas a súa colaboración. “Nunca pensamos que iamos chegar a onde chegamos, e 10 anos despois podemos dicir que é o Festival máis grande de Galicia e un dos máis grandes de España”.