Site icon Crónica3.com A Mariña

O GMP afirma que “existe un absoluto descontrol en materia de persoal”

Burela, a 20 de xullo de 2016.- O Grupo Municipal Popular (GMP) do concello de Burela denunciou este mércores “o absoluto descontrol en materia de persoal que se está a dar no concello, ante a incapacidade do alcalde de facer unha previsión da situación e de dar solución á situación de certos servicios”.

“Nunca, aseguran desde o GMP, o concello de Burela, nin nos seus primeiros anos, cando había moita escaseza de persoal, pasara por unha situación de descontrol tan abrumadora”.

Así, os populares, aseguran que “o que aconsella o sentido común, é que no primeiro trimestre do ano se planifiquen as vacacións, de forma e maneira que os servicios continúen funcionando; tamén se debería facer unha previsións das xubilacións. Pois ben, todo apunta a que o alcalde, que é a máxima autoridade en materia de persoal, nada de eso fixo”.
Segundo o GMP, “a situación é tan caótica que, por poñer algúns exemplos, o director da Casa da Xuventude está atendendo o padrón municipal; non hai administrativo para Secretaría; na Oficina de Información de Turismo está unha persoa de obras, etc.. En calquera deses casos, o propio persoal municipal pón moito empeño en facer ben o seu labor, pero o certo é que a desorganización é absoluta”.

Con todo, “a situación máis complexa dase na Unidade de Técnica, o departamento que entre outras cousas informa as licencias de obra, que a día de hoxe non existe, está desmantelada, ante a total falla de previsión do alcalde”, aseguran os populares.

O Grupo Municipal Popular afirma que “desde hai unhas semanas, non hai persoal na Unidade Técnica, por cuestións de xubilación e baixa laboral, e todo apunta a que seguirá así durante unha boa temporada, cando alomenos a cobertura da xubilación púidose prever sen ningún problema”.
“As consecuencias desta situación da Unidade Técnica, aseguran os populares, é que hai expedientes paralizados, algúns de concesión de licencias de obra, que non se sabe a día de hoxe cándo se resolverán”.

Desde o GMP pretenden “informar ós cidadáns desta situación caótica, da que non teñen ningunha responsabilidade os traballadores municipales, e que únicamente cabe imputarlla ó alcalde, como máximo responsable de persoal, que unha vez máis demostra a súa incompetencia e irresponsabilidades políticas: no tocante de traballar, de facer as previsións das vacacións e das xubilacións con tempo suficiente, deixou pasar, adicouse a ir de festas, e agora quenes pagan o pato son os traballadores que teñen que facer funcións para as que non están preparados e os cidadáns, que poden ver cómo os seus asuntos se retrasan”.

Exit mobile version