Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP consegue que a Deputación habilite unha liña de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para subvencionar as escolas de música municipais

Lugo, 26 de xullo de 2016.- O Grupo Provincial O Grupo Provincial do PP sacou adiante por unanimidade, no pleno da Deputación de Lugo celebrado este martes, unha iniciativa para que a o organismo provincial habilite unha liña de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, destinada a subvencionar ás escolas municipais de música.

A voceira popular, Elena Candia, apuntou que á hora de repartir estas as axudas, e para que se faga do xeito máis igualitario posible, “demandamos que se teñan en conta tres aspectos fundamentais: o esforzo e implicación realizado polas administracións locais, a organización educativa e a capacidade de dinamización sociocultural”.

A popular precisou que estes criterios “son fundamentais” pois “hai ter presente que non todos os concellos teñen o mesmo orzamento e non a todos lles supón o mesmo esforzo económico destinar esta cantidade ás agrupacións musicais”. Candia sinalou que “este criterio encaixa coa filosofía desta institución que persegue que se financie en primeiro lugar aos concellos máis pequenos e con menos recursos”.

A voceira engadiu que “tamén consideramos fundamental ter en conta a aquelas escolas municipais de música que participan activamente na dinamización sociocultural dos concellos e están presentes en moitos eventos municipais. Se tivésemos que financiar economicamente moitas desas actuacións o impacto económico que supón a súa presenza sería incluso moito máis valorado. Hai escolas que así o fan e se introducen na vida cultural dos concellos de xeito moi activo, e hai outras que viven bastante á marxe, polo que cremos que aquelas que colaboran e cooperan na dinamización dos concellos debe ser tida en conta á hora de asignarlle recursos”.

Importante esforzo económico dos concellos
Candia destacou “o gran labor que están a levar a cabo cada unha das escolas de música municipais que existen na provincia, un traballo que representa un importante desembolso económico para os concellos, posto que o seu mantemento supón investimentos que oscilan entre os 25.000 e os 225.000 euros, dependendo do municipio do que se trate”.

A voceira indicou que “se fai necesario dotar ás administracións públicas que sustentan escolas de música con recursos suficientes para levar a cabo a tarefa educativa, con especial dedicación e facilitando que podan ofertar un ensino de calidade”.

Candia sinalou “que a cultura e as artes son compoñentes básicos dunha educación integral que permite ao individuo desenvolverse plenamente. Polo tanto, o desenvolvemento creativo e cultural debe ser unha meta básica para a educación”. Precisou que “a educación musical debe considerarse unha parte imprescindible da educación, polo que esta liña de axuda contribuiría a proporcionar a todas as persoas as mesmas oportunidades para desenvolver a súa actividade cultural e artística”.

As 20 escolas de música lucenses están de noraboa
A popular destacou que “grazas á aprobación desta iniciativa no día de hoxe están de noraboa as 20 escolas de música municipais que están a funcionar na actualidade na provincia: que son a dos concellos de Begonte, Burela, Mondoñedo, Chantada, A Pontenova, Meira, A Pastoriza, Guitiriz, Rábade, Ribas de Sil, Taboada, A Pobra do Brollón, Paradela, Monforte, Sober, Foz, Ribadeo, Sarria, Xove, e Outeiro”.

Exit mobile version