Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Viveiro chama á Corporación a honrar ao ex-deán da catedral de Mondoñedo Enrique Cal Pardo

O concelleiro do Partido Popular de Viveiro, Celestino García Paz, en nome propio e no do grupo municipal do Partido Popular, presenta para o debate e aprobación, se procede, unha moción para a honra e distinción de Enrique Cal Pardo nun espazo público do municipio.

O pasado 28 de abril falecía o deán da catedral de Mondoñedo o insigne viveirense D. Enrique Cal Pardo (Galdo 1922). Destacado medievalista, é de todos recoñecida a súa dilatada e extensa traxectoria como profesor de teoloxía.

Son numerosos os seus libros publicados: El Monasterio de la Isla de la Colleira, Madrid, 1983; El Monasterio de S. Salvador de Pedroso, A Coruña, 1984; Synodicon Hispanum. I. Galicia (Constituciones Sinodales de Mondoñedo), Madrid, 1981; Regesta de los documentos medievales, escritos en pergamino, del Archivo de la Catedral de Mondoñedo, Lugo, 1990; Mondoñedo – Catedral, Ciudad, Obispado- en el siglo XVI, Lugo, 1992; La música de la Catedral de Mondoñedo, Lugo, 1996; Colección Diplomática Medieval del Archivo de la Catedral de Mondoñedo. Transcripción íntegra de los documentos, Santiago, 1999 y De Viveiro en la Edad Media, 1992.
Foi Licenciado en Teoloxía pola Universidade de Comillas-Santander (1946). Doctor en Teoloxía pola Universidade de Comillas-Madrid (1969) e Medalla de Bronce de Galicia (1998).

En xuño de 2011 foi nomeado polo Papa Prelado de Honor da Súa Santidade.
Débeselle a conservación, estudio e traducción dun dos arquivos mais importantes de Galicia o do Obispado de Mondoñedo.

A vista destes e doutros moitos datos que se poderían aportar sobre a figura deste insigne historiador viveirense, dende o noso grupo pensamos que esta traxectoria ben merece ser honrada e posta en valor polo pobo que o viu nacer. Por iso imos solicitar ó Pleno da corporación que se adique un espacio que recorde a súa memoria e o seu legado.

“Por todo isto, propoñemos a aprobación por parte da Corporación da dedicación dun espazo a D. Enrique Cal Pardo; así coma a creación dunha comisión na que estén representados todos os grupos da Corporación para determinar este espacio – rúa, plaza, que de nome o arquivo municipal…”.

Exit mobile version