Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Viveiro solicita actuacións en Covas, Viveiro e Celeiro con cargo ao POS 2016

O concelleiro Celestino García Paz, en representación do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Viveiro, expón que “o pasado 27 de xuño de 2016 aprobaronse os PRESUPOSTOS 2016 da Deputación Provincial de Lugo e neles figura a táboa coas cantidades adxudicadas para o P.O.S. 2016” nas que “se consigna para Viveiro a cantidade de 92.928 € (74.342 € a cargo da Deputación e 18.585 € a cargo do noso Concello)”.

Polo tanto, o edil solicita “que por parte do equipo de goberno municipal se inclúan na súa proposta á hora de distribuir as cantidades do mencionado P.O.S. 2016 as seguintes actuacións:

1. Na Parroquia de Covas:
a) 2º fase da rúa de acceso ó antiguo colexio público de Covas , que comprendería alcantarillado, separación de augas pluviais de fluviais , traída de augas e aglomerado asfáltico.
b) Aglomerado asfaltico da pista desde o lugar de O Porto ata o Area Etnográfica da Insua no barrio de Escourido.

2. En Viveiro:
a) Na rúa Alonso Pérez, 2º fase desde a Capela de Malates hasta a finalización do Camiño Vello en Xunqueira, para aglomerado asfaltico en dita rúa .
b) Novas beirarrúas na avenida Benito Galcerán, actuando sobre un dos marxes ou sobre os dous marxes da mesma.

3. En Celeiro: Reposición do firme con aglomerado asfáltico da Rúa Costa de Celeiro e Rúa Huerta de Insua as duas no barrio de Lavandeiras.

Exit mobile version