Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP recuperaría a alcaldía do Valadouro de consolidarse o resultado das xerais

O Valadouro, 6 de xullo de 2016.- A presidenta provincial do PPdeLugo, Elena Candia, xunto co coordinador comarcal dos populares na Mariña lucense, Jose Manuel Balseiro, mantiveron un encontro cos responsables locais desta formación política no Valadouro no que, entre outros asuntos, estudaron os resultados das últimas eleccións xerais e diversas cuestións de actualidade local.

As urnas o 20 de xuño evidencian o notable desgaste dos partidos que conforman o Equipo de Goberno local ata o punto que, de consolidarse, o PP recuperaría a alcaldía do Valadouro, con maioría absoluta, ademais de revalidar a súa primeira posición como forza política preferida polos veciños.

Os populares obtiveron 544 votos, o 45,87% dos sufraxios, case seis puntos máis que en decembro e 25 votos por riba dos obtidos o 20D. Pola contra os socialista perderon nas últimas citas electorais case a metede dos votos obtidos nas municipais e retroceden ata o 29% do electorado. No caso do BNG, con 29 votos nin tan sequera chegan ao 3% dos sufraxios.

PASO ADIANTE
Balseiro dixo que os veciños do Valadouro “seguen a confiar no partido que lidera Mariano Rajoy e Feijóo a nivel nacional e autonómico” o que tamén supón un paso adiante moi importante para os populares do Valadouro “ao confirmalos como a forza máis votada” e mellorar a súa situación respecto a decembro de 2015 e respecto á porcentaxe de voto obtida nas municipais. “Se temos que falar de fracaso, este sería o do bipartito. Xa estoupou na Deputación, mal futuro auguro ao pacto entre o PSOE e o BNG no Valadouro se ademais seguen xestionando tan mal en contra dos intereses dos seus veciños”

Os populares teñen previsto realizar xuntanzas con todas as Executivas municipais dos concellos da comarca. Ademais da celebrada esta tarde no Valadouro, xa se reuniron nas pasadas datas cos responsables populares de Foz, Viveiro, Ribadeo e Burela e continuarán no futuro.

Exit mobile version