Esta medalla de prata corrobora a gran tempada que leva feito Joel, xa que tamén é o actual subcampión de Galicia. Tamén competiu na modalidade de Kata coa sua compañeira na selección galega, a xovencisima Inés Hernández Crego, que con tan só 15 anos é a campioa de Galicia na súa categoría, e que en Valencia competiu canda Joel na categoría senior onde se mediron a competidores con moita máis vagaxe e experiencia nos campionatos nacionais.
A Asociación de Artes Marciales da Mariña, con sede en Burela e á cal pertencen ambos deportistas, quere felicitar o éxito acadado polos nosos compañeiros en Valencia e destacar que “é un auténtico orgullo poder entrenar cada día con Inés e Joel, dúas persoas que non entrenan para acadar ningún título, senón que é a consecuencia de facer o que lles gusta e pásalo ben practicando dentro do tatami”.
É de rigor reseñar o futuro prometedor que nesta disciplina teñen ambos deportistas, a vivencia dun campionato nacional con 15 e 20 anos auguralles a ambos que aínda lles quedan moitos anos por diante para seguir colleitando éxitos e recoñecementos tanto a nivel autonómico coma dentro do territorio nacional.