Site icon Crónica3.com A Mariña

Paula revalida vitoria no II Torneo de Tenis de Burela

A final do cadro feminino do II Torneo de Tenis Concello de Burela Memorial José Luis Yebra adiantábase a este luns 25 de xullo no que Paula se facía coa vitoria por 6-2 e 6-3 ante Valentina nun partido no que esta última presentaba batalla, especialmente no segundo set.

Deste xeito, Paula revalida o título xa conseguido no 2015 e Valentina acada o subcampionato con so 12 anos.

Individuales masculino
O cadro de individuales masculino de semifinais está xa completo: pola mañá Jose María superaba a Díaz por 6-0 e 7-5 e pola tarde Alvaro Jr. derrotaba a Yáñez por un dobre 6-1 e Veiga impoñíase a Arturo por 7-5 e 7-6.

Así, as semifinais serán: Alvaro Jr. – Veiga e Juan Valle – Jose María.

Dobres masculino
Os partidos de cuartos da categoría dobres masculino celebraranse este martes 26 de xullo.

Do cadro de consolación están pendentes os partidos de cuartos Nolo-Gerardo pola parte alta do cadro e Íñigo-Marful pola parte baixa. Alexandre e Chus xa están en semifinais.

A Marosa. Martes 26:

– Dobres: Alvaro-Alvaro Jr. fronte a Nolo-Delio ás 17:00
– Individual Consolación: Iñigo-Marful ás 18:30
– Dobres: Alberto-Santi fronte a Rubén – Valentina ás 19:30
– Dobres Fernando-Enrique fronte a Diaz-Arturo ás 21:00
– Dobres: Veiga-Pablo Arturo ás 20:30

Exit mobile version