Site icon Crónica3.com A Mariña

Primeiras clasificacións no II Torneo de Tenis Concello de Burela – Memorial José Luís Yebra

O Torneo de Tenis que organiza o CLUB DE TENIS-PADEL A MAROSA comezaba o luns 18 con partidos de dobres que deron ambiente ás pistas de tenis da Marosa. O martes disputáronse partidos de individuais e dobres.

Juan Vale e Arturo González atópanse clasificados para cuartos en individuais, mentres que en dobres a parella Álvaro – Álvaro Jr. ten moi ben encamiñada a clasificación como primeiros de grupo con dúas contundentes vitorias. Ruben -Valentina, Juan-Tomás e Diaz-Arturo xa teñen unha vitoria.

O bo tempo está a favorecer o desenvolvemento do torneo que continuará ata o 31 de xullo.

Exit mobile version