A Inauguración correrá a cargo de D. Darío Campos Conde, Pte. da Deputación Provincial de Lugo , acompañado do Alcalde – Presidente do Concello de Burela e Presidente da Fundación Expomar D. Alfredo LLano García, e terá lugar ás 19.00h. da tarde .
67 expositor@s ofreceran este ano con MAIOR DIVERSIDADE, que nas anteriores edicións , unha gran variedade de produtos que van desde alimentos perecederiros de horta a produto elaborados como: queixos , viños, doces, embutidos, comercio xusto , aceites, algas, conservas de todo tipo de alimentación, tanto ecolóxica como artesanal. Sumamos os produtos de hixiene : cremas, xabóns etc. , todos de carácter artesanal e ecolóxico. Tamén contaremos con artesanías como coiro, prata , ceramica, telares, roupa ecolóxica , calzado etc. Con respecto ao habitat temos enerxías alternativas etc…
Unha longa e variada exposicción de artigos dentro do deseño que promociona PRODUART.
PRODUART busca promover entre os nosos visitantes as ideas de sustentabilidade e de respecto ao entorno, servindo ademais como reclamo da actividade turística da zona que busca a calidade e aposta por estes xeitos de vida. O apoio das pequenas empresas con iniciativas nestes eidos e a promoción dos produtos locais, artesanais e tradicionais, e tamén aqueles produtos anovadores que difunden e recuperan a cultura ecolóxica e artesanal son outros dos nosos obxectivos, marcados por PRODUART desde a súa primeira edición.
Produart 2016 comeza cun programa de actividades paralelas á propia exposición comercial que se desenvolverá no recinto feiral durante as datas de realización da feira.