
O subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, recibía este xoves no seu despacho ao subdelegado de Defensa, Ricardo Jesús Suárez Delgado, con motivo da súa despedida do cargo público, xa que pasa á reserva do corpo militar ao chegar á idade de xubilación. Durante o encontro, Ramón Carballo agradeceulle o labor realizado durante a súa etapa en Lugo. Coronel do Corpo de Infantería da Marina, Suárez Delgado estaba á fronte da Subdelegación de Defensa na provincia dende xullo de 2013.