Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo, terceiro destino de praia con mellor reputación online segundo Trivago

Ribadeo, 20 de xullo de 2016. O alcalde, Fernando Suárez, amósase satisfeito despois de coñecer que Ribadeo figura por segundo ano consecutivo no terceiro destino de praia con mellor reputación online do Estado, segundo Trivago. Por diante de Ribadeo só de atopan un areal de Mallorca e Hondarribia e por detrás están Chiclana, Cala Millor, Ribadesella, Conil de la Frontera, Colonia de Sant Jordi, Sanlúcar de Barrameda e Altea.

O rexedor asegura que “temos moito que ofrecer en Ribadeo, a xente de aquí e de aló vaino sabendo e fala ben, vaia se fala ben. Estamos moi contentos con este dato, que confirma a liña na que vimos traballando nos últimos anos e pola que seguiremos a apostar nos vindeiros, por ofrecerlles infinidade de posibilidades aos que nos visitan no verán, pero durante o resto do ano”.

Exit mobile version