
O club atletismo LOURENZÁ deixouse ver na primeira edición da carreira popular do Concello de Begonte grazas á participacion de RUBÉN GARCIA PIÑEIROA. Rubén compartía carreira con 140 atletas logrando meterse no posto 32 da xeral nunha proba de 5km para a que investiu un tempo de 21 minutos e 50 segundos. Así mesmo, lograba un terceiro posto como “veterano 2” e traer para o club unha medalla de bronce na súa categoría. Xunto a Rubén no podio estiveron Manuel Curral e Javier Seoane.