Site icon Crónica3.com A Mariña

Ruta Memorial Fernando Iglesias do Marqués de Casariego

O grupo de montaña do CDB Marqués de Casariego de Tapia realiza entre o 9 e o 10 de xullo a ruta circular Cuetu Tejao – Casetón de Ándara (desde Jitu Escarandi) no Memorial Fernando Iglesias. A saída está prevista para o sábado 9 de xullo ás 08.00 horas dende Tapia. Os prezos serán de 50 euros para non socios e 42 para os socios coa viaxe e media pensión incluída. Informes e inscricións ata o xoves 9 de xullo nos teléfonos 689 175 515 (José Luis), 659 000 707 (Javi) ou 608 540 828 (Eva) ou do enderezo electrónico cdbmarquesdecasariego@gmtapia.es.

Exit mobile version